Política de Privacidad

POLÍTICA DE PRIVACIDADE E PROTECCIÓN DE DATOS

A FNMT-RCM infórmao/a sobre a política de privacidade respecto do tratamento e protección dos datos de carácter persoal dos usuarios e clientes que poida obter a FNMT-RCM a través do seus servizos de identificación e validación de credenciais ou outros produtos ofertados directamente ou mediante operadores de servizos onboarding, cando actúan como encargados do tratamento por conta da FNMT-RCM, e garante o cumprimento da normativa vixente en materia de protección de datos persoais conforme a Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e de garantía de dereitos dixitais, o Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas (RXPD), e o resto de normativa relacionada en vigor.

Contratar e utilizar os servizos de identificación e validación de credenciais ou outros produtos ofertados directamente pola FNMT-RCM ou mediante operadores de servizos onboarding implica aceptar esta política de privacidade, as condicións de uso, así como as condicións incluídas no Aviso Legal.

Identidade do responsable

  • Titular: Fábrica Nacional de Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda
  • NIF/CIF: Q2826004J
  • Domicilio: Calle Jorge Juan 106, C.P. 28009, Madrid
  • Enderezo electrónico: atención a usuarios info@fnmt.es
  • Sitio Web: http://www.fnmt.es

Finalidade do tratamento dos datos persoais

Cando se conecta ao sitio web da FNMT-RCM ou de operadores de servizos onboarding contratados pola entidade para realizar un proceso de identificación ou acreditación, está facilitando información de carácter persoal da que a FNMT-RCM é responsable do tratamento. Esta información inclúe datos de carácter persoal como poden ser o seu enderezo IP, datos biométricos, documento de identidade, nome e apelidos, enderezo físico, enderezo de correo electrónico, número de teléfono ou outra información acorde coas finalidades da prestación do servizo ou da contratación do produto. Ao facilitar esta información, está dando o seu consentimento para que sexa tratada como se describe no aviso legal e nesta política de privacidade. O consentimento para o tratamento dos seus datos persoais sempre será expreso e fidedigno.

A finalidade de recompilar eses datos persoais é validar a súa identidade para a contratación ou adquisición de produtos de acreditación e identificación, así como outros servizos relacionados ou derivados daqueles. Ademais, existen outras finalidades, como garantir que se cumpran as condicións recollidas no aviso legal e na normativa aplicable. Isto pode incluír o desenvolvemento de ferramentas e algoritmos que lle axuden a este sitio web a garantir a confidencialidade dos datos persoais que recolle para apoiar e mellorar os servizos que ofrece.

Tamén se poden obter datos persoais para analizar a navegación. A FNMT-RCM recolle outros datos non identificativos que se obteñen mediante o uso de cookies que se descargan no seu dispositivo cando navega polo sitio web e das que se detallan as súas características e finalidade na Política de Cookies.

Por último, informámolo/a de que tamén se poden tratar o seus datos persoais para xestionar redes sociais. A FNMT-RCM ten presenza en redes sociais como Facebook e Linkedin. Se se fai seguidor nas redes sociais da FNMT-RCM, o tratamento dos seus datos persoais rexerase tamén por este apartado, así como por aquelas condicións de uso, políticas de privacidade e normativas de acceso que pertenzan á rede social que proceda en cada caso e que vostede aceptou previamente.

A FNMT-RCM tratará os seus datos persoais coa finalidade de administrar correctamente a súa presenza na rede social, informalo/a das súas actividades, produtos ou servizos, así como para calquera outra finalidade que a normativa de cada rede social permita.

A FNMT-RCM non utilizará en ningún caso os perfís de seguidores en redes sociais para enviar publicidade de xeito individual.

Para obter máis información sobre o tratamento de datos persoais pola FNMT-RCM, pode consultar a seguinte ligazón: Rexistro de actividades do tratamento.

Seguridade dos datos persoais

Para protexer os seus datos persoais, a FNMT-RCM e os operadores que contrate para realizar servizos de identificación, validación e acreditación por conta dela toman todas as precaucións razoables e seguen as mellores prácticas da industria para evitar a súa perda, mal uso, acceso indebido, divulgación, alteración ou destrución.

Os produtos e servizos indicados están aloxados en AMAZON WEB SERVICES, que garante a seguridade dos seus datos mediante o cumprimento do Esquema nacional de seguridade, así como en instalacións propias da FNMT-RCM.

No tratamento dos seus datos persoais, a FNMT-RCM aplicará os seguintes principios, que se axustan ás esixencias normativas de protección de datos:

  • Principio de licitude, lealdade e transparencia: como titular sempre lle requiriremos o consentimento expreso para o tratamento dos seus datos persoais que pode ser para un ou varios fins específicos sobre os que o/a informaremos previamente con absoluta transparencia.
  • Principio de minimización de datos: como titular só se lle requirirán os datos estritamente necesarios para o fin ou os fins para os que se solicitan.
  • Principio de limitación do prazo de conservación: os datos manteranse durante o tempo estritamente necesario para o fin ou os fins do tratamento.
  • Principio de integridade e confidencialidade: os seus datos serán tratados de tal xeito que a súa seguridade, confidencialidade e integridade estean garantidas. A FNMT-RCM adopta as precaucións necesarias para evitar o acceso non autorizado ou o uso indebido dos datos dos seus usuarios por parte de terceiros.

Política de cookies

A páxina web da FNMT-RCM utiliza cookies para o seu correcto funcionamento. As cookies son arquivos con información que se almacenan no seu navegador cando visita o noso sitio web e nos que se adoitan gardar as configuracións e preferencias do usuario ou o estado da sesión de navegación.

Na páxina Política de Cookies pode consultar toda a información relativa á política de recollida, finalidade e tratamento das cookies.

Lexitimación para o tratamento de datos persoais

A base legal para o tratamento dos seus datos, así como outra información adicional, pódea consultar no noso rexistro de actividades do tratamento picando aquí.

Para contactar coa FNMT-RCM, realizar comentarios ou contratar servizos ou produtos das entidade, ten que aceptar esta política de privacidade.

Exercicio de dereitos en relación coa protección de datos persoais

A FNMT-RCM infórmao/a de que sobre os seus datos persoais ten dereito a:

  • Solicitar o acceso aos datos almacenados.
  • Solicitar unha rectificación ou a cancelación.
  • Solicitar a limitación do seu tratamento.
  • Opoñerse ao seu tratamento.
  • Solicitar a súa portabilidade.
  • Non ser obxecto de decisións individuais automatizadas.

O exercicio destes dereitos é persoal e, polo tanto, debe ser exercido directamente pola persoa interesada, solicitándollo directamente ao titular, o que significa que calquera cliente, subscritor ou colaborador que facilitase os seus datos nalgún momento pode dirixirse ao titular e pedir información sobre os datos que ten almacenados e como os obtivo, solicitar a súa rectificación, solicitar a súa portabilidade, opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou solicitar a cancelación deses datos nos ficheiros do titular.

Para exercitar os seus dereitos, pode acceder á seguinte ligazón.

Para realizar consultas sobre protección de datos persoais, pode dirixirse ao delegado de Protección de Datos Persoais da FNMT-RCM.

Datos de contacto do delegado de Protección de Datos:

  • Enderezo postal: Delegado de Protección de Datos FNMT-RCM. C/ Jorge Juan, 106 - 28009 MADRID
  • Enderezo electrónico: dpd@fnmt.es

Conservación de datos persoais

Os datos persoais que lle proporcione á FNMT-RCM ou aos operadores que actúen como encargados do tratamento por conta dela conservaranse segundo determine a súa finalidade, polo establecido na normativa vixente ou ata que vostede solicite a súa supresión, cos límites legalmente establecidos.

Ligazóns de interese

Rexistro de actividades de tratamento de datos de carácter persoal da FNMT-RCM

Axencia Española de Protección de Datos (ligazón á páxina da AEPD)

Certificado do Sistema de xestión de seguridade da Información ISO 27001

 

Sello AENOR