Declaración de Accesibilidade

A Fábrica Nacional de Moeda e Timbre – Real Casa da Moeda comprometeuse a facer accesíbel o seu sitio web de conformidade co Real Decreto 1112/2018, de 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbeis do sector público..

A presente declaración de accesibilidade aplícase aos seguintes sitios web:

https://www.sede.fnmt.gob.es

http://www.fnmt.es

https://www.cert.fnmt.es

http://www.museocasadelamoneda.es

http://www.siaen.org

http://www.escueladegrabadofnmt.org

Situación de cumprimento

Este sitio web é parcialmente conforme co RD 1112/2018 debido á falta de conformidade dos aspectos que se indican a continuación.

Contido non accesíbel

O contido que se recolle a continuación non é accesíbel polo seguinte:

  1. Falta de conformidade co RD 1112/2018.
    • Poderían existir erros puntuais de edición nalgunha páxina web.
  2. O contido non entra dentro do ámbito da lexislación aplicábel.
    • Poderían existir arquivos ofimáticos en PDF ou noutros formatos publicados que non cumpran na súa totalidade tódolos requisitos de accesibilidade.
  3. Carga desproporcionada.
    • Non aplica.

Preparación da presente declaración de accesibilidade

A presente declaración foi preparada o 7 de novembro de 2018.

O método empregado para preparar a declaración foi unha auto avaliación levada a cabo polo propio organismo.

Última revisión da declaración: 7 de novembro de 2018.

Observacións e datos de contacto

Pode realizar comunicacións sobre requisitos de accesibilidade (artigo 10.2.a) do RD 1112/2018) como, por exemplo:

  • Informar sobre calquera posíbel incumprimento por parte deste sitio web.
  • Transmitir outras dificultades de acceso ao contido.
  • Formular calquera outra consulta ou suxerencia de mellora relativa á accesibilidade do sitio web.

A través do seguinte formulario de contacto ou chamando ao teléfono 91 740 69 82.

As comunicacións serán recibidas polo Centro de Atención ao Usuarios da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre que as tramitará ao departamento correspondente para o seu tratamento.

Procedemento de aplicación

O procedemento de reclamación recollido no artigo 13 do RD 1112/2018 entrará en vigor o 20 de setembro de 2020.

Contido opcional

Este sitio web cumpre cos requisitos da Norma UNE-EN 301549 v1.1.2:2015 considerando as excepcións do RD 1112/2018.

A última revisión realizouse en novembro de 2018.

O sitio web está optimizado para os navegadores M.S. Internet Explorer 8.0 e/ou versións superiores e as últimas versións vixentes de Firefox, Safari, Opera e Google Chrome. A resolución web mínima recomendada é de 1280x1024.

O sitio web está deseñado para a súa visualización Responsive, co que se visualiza de forma óptima nos dispositivos tablet e móbeis. Estes dispositivos están optimizados para a visualización das últimas versións vixentes de Chrome for mobile, Safari mobile e navegador nativo de Android.

Na actualidade, as aplicacións de obtención e renovación de certificados da SEDE Electrónica non funcionan en contornos móbeis nin en navegadores distintos a Internet Explorer e Mozilla Firefox debido a que non teñen un API de xeración de claves.