Anular
Anular ou revogar Certificado
Solicitar a Anulación ou Revogación do seu Certificado lle permitirá anular a validez do certificado antes da data de caducidade que consta no mesmo.
A revogación pode ser solicitada en calquera momento e, en especial, debe ser solicitada cando o titular crea que o seu certificado puido ser copiado, que o seu PIN poida ser coñecido por un terceiro, se o extraviou, etc.
Para coñecer en detalle todas as causas polas que se pode ou se debe solicitar a revogación do seu certificado, consulte a nosa Declaración de Prácticas de Certificación.
Condicións
Condicións xerais para a solicitude da revogación do Certificado de Persoa Física expedido pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda:
- Poderán solicitar a revogación os titulares dos certificados.
- A solicitude da revogación poderá efectuarse durante o período de validez do certificado que consta neste.
Procedemento
Para solicitar a revogación do Certificado de Persoa Física expedido pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda procederase da seguinte maneira:
- Se o titular do certificado está en posesión deste, a revogación efectuarase a través de Internet. IMPORTANTE: Para empregar esta aplicación de Anulación online utilice unicamente o navegador Internet Explorer ou Mozilla Firefox (Para firefox no están soportadas las versiones de la 33.0 a la 34.0. La versión 35 y posteriores requieren de la instalación de un complemento para firmar). O resto de navegadores non están soportados.
- Se o titular do certificado non dispón deste por extravío, perda ou roubo, deberá comparecer nunha Oficina de Acreditación.
- En calquera caso, poderá empregar o Servizo de revogación telefónica 24x7 de certificados de persoa física a través dos seguintes números de teléfono: 902200616 / 917406848 / 913878337