Persoa Física
Persoa Física
O Certificado dixital FNMT de Persoa Física é a certificación electrónica expedida pola FNMT-RCM que vincula ao seu subscritor cuns Datos de verificación de Firma e confirma a súa identidade.
Este certificado, tamén coñecido como Certificado de Cidadán ou de Usuario, é un documento dixital que contén os seus datos identificativos. Permitiralle identificarse en Internet e intercambiar información con outras persoas e organismos coa garantía de que só vostede e o seu interlocutor poden acceder a ela.
Quen pode obter un Certificado dixital de Persoa Física?
Calquera cidadán español ou estranxeiro, maior de idade ou menor emancipado que estea en posesión do seu DNI ou NIE, poderá solicitar e obter o seu certificado dixital de forma gratuíta para asinar e acreditar a súa identidade de forma segura en Internet.
Como podo obter o Certificado?
Existen 3 formas distintas para obter o seu Certificado dixital de Persoa Física:
- Como arquivo descargable no seu ordenador. Obter Certificado software.
- Utilizando o seu DNIe ou. Obter Certificado con DNIe.
Para que serve?
O Certificado dixital de Persoa Física permitiralle realizar trámites de forma segura coa Administración Pública e Entidades Privadas a través de Internet, como por exemplo:
- Presentación e liquidación de impostos
- Presentación de recursos e reclamacións
- Presentación dos datos do censo de poboación e vivendas
- Consulta e inscrición no padrón municipal
- Consulta de multas de circulación
- Consulta e trámites para solicitude de subvencións
- Consulta de asignación de colexios electorais
- Actuacións comunicadas
- Sinatura electrónica de documentos e formularios oficiais
Grazas ao seu Certificado FNMT de Persoa Física poderá esquecerse de desprazamentos e esperas innecesarias.
Onde podo usar o meu Certificado?
Na seguinte ligazón, detállanse algúns dos servizos ofrecidos ao cidadán por Organismos e Entidades. O acceso ás páxinas web seguras require que o navegador desde onde acceda teña instalado o certificado.