Obter Certificado software

O proceso de obtención do Certificado software (como arquivo descargable) de usuario, divídese en catro pasos que deben realizarse na orde sinalada:

  1. Consideracións previas e configuración do navegador. Para evitar problemas á hora de solicitar/descargar o certificado, por favor consulte este apartado e siga as instrucións indicadas.
  2. Solicitude vía internet do seu Certificado. Ao finalizar o procedemento de solicitude, vostede recibirá na súa conta de correo electrónico un Código de Solicitude que lle será requerido no momento de acreditar a súa identidade e posteriormente á hora de descargar o seu certificado.
  3. Acreditación da identidade nunha Oficina de Rexistro. Unha vez completada a fase anterior e estea en posesión do seu Código de Solicitude, para continuar co proceso deberá Acreditar a súa Identidade nunha das nosas Oficinas de Rexistro.

    Para a súa comodidade, pode vostede facer uso do noso servizo de localización das OFICINAS MÁIS PRÓXIMAS.

    NOTA: Nas oficinas da Aeat requírese cita previa. Pode atopar o enlace en  www.agenciatributaria.es

  4. Descarga do seu Certificado de Usuario. Unha vez acreditada a súa identidade nunha Oficina de Rexistro e facendo uso do seu Código de Solicitude, dende aquí poderá descargar e instalar o seu certificado.

RECOMENDACIÓN: Copia de Seguridade do Certificado. Tras descargar o seu certificado, recomendamos a todos os usuarios que realicen unha copia de seguridade do propio certificado nun dispositivo de almacenamento externo.

Se está interesado en adquirir unha tarxeta ou un USB criptográficos da FNMT entre na nosa Catálogo de servizos

Fecha y Hora Oficial

 

 

Información Destacada

Ir a la página de Configuración del navegador para obtener o renovar el Certificado.

Saber más sobre Exportación / Importacion en Preguntas Frecuentes.

Soporte Técnico