Acreditar Identidad
Acreditar Identidade
Co código de solicitude do paso anterior, deberá presentarse na oficina de rexistro que lle foi asignada para acreditar a súa identidade.
Seguidamente, o rexistrador darao de alta na aplicación de rexistro e faralle entrega dos contratos de solicitude do certificado, que deberá verificar e asinar, entregándoselle unha das copias deste. Lembre facilitar o enderezo de correo electrónico se quere poder empregar o seu certificado para o envío e recepción de correo. Unha vez rexistrado debe proceder á descarga do certificado no seu navegador.
Documentación necesaria:
- DNI ou tarxeta de residencia (NIE) para os cidadáns extracomunitarios.
- Os cidadáns comunitarios que non teñan a tarxeta de residencia, presentarán o "Certificado de Rexistro de Cidadáns da Unión e o seu Pasaporte".