Certificado de Sello electrónico

Certificado de selo electrónico

Os Certificados emitidos pola FNMT-RCM para os sistemas de sinatura electrónica para a actuación administrativa automatizada son Certificados Recoñecidos segundo o definido na Lei de Sinatura Electrónica 59/2003 e válidos para a actuación administrativa automatizada segundo o definido na Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos Servizos Públicos (LAECSP).

  • Os "Certificados para a actuación administrativa automatizada" son aqueles certificados expedidos pola FNMT-RCM e que vinculan uns Datos de verificación de Sinatura aos datos identificativos dunha unidade organizativa (unidade na que se realiza a actuación administrativa automatizada: área, sección, departamento, etc.) dunha entidade da Administración Pública.
  • á persoa física que ten a máxima responsabilidade sobre a devandita unidade organizativa.

Constitúen límites de uso deste tipo de Certificados a creación de selos electrónicos de Administración Pública ou entidade de dereito público para a identificación e autenticación do exercicio da competencia na actuación administrativa automatizada da unidade organizativa. A FNMT-RCM e a Administración, organismos e entidades poderán fixar nos acordos ou convenios, ou a través do documento de relación correspondente ou, se fose procedente, na lei de emisión destes Certificados, outros límites adicionais.

Pode ver información detallada do perfil deste certificado e a súa política e Declaración Particular en Declaración de Prácticas de Certificación da Administración Pública.

 

Información Relacionada

Soporte Técnico