Certificado de empleado público
Certificado de persoal adscrito á administración ou funcionario
Os Certificados emitidos pola FNMT-RCM para o persoal ao servizo das administracións públicas son Certificados Recoñecidos segundo o definido na Lei de Sinatura Electrónica 59/2003 e na norma ETSI 101 456 e válidos para a realización de sinatura electrónica por parte do persoal ao servizo das administracións públicas e segundo o definido na Lei 11/2007, de 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos Servizos Públicos (LAECSP).
O Certificado para o persoal da Administración Pública é a certificación electrónica emitida pola FNMT-RCM que vincula ao seu Titular cuns Datos de verificación de Sinatura e confirma, de maneira conxunta:
- a identidade do seu titular, número de identificación persoal, cargo, posto de traballo e/ou condición de autorizado.
- ao órgano, organismo ou entidade da Administración Pública, ben sexa esta Xeral, autonómica, local ou institucional, onde exerce as súas competencias, presta os seus servizos, ou desenvolve a súa actividade.
O ámbito de uso deste tipo de Certificados compóñeno as diferentes competencias e funcións propias dos Titulares de acordo co seu cargo, emprego e, no seu caso, condicións de autorización. A FNMT-RCM e a Administración, organismos e entidades poderán fixar nos acordos ou convenios, ou a través do documento de relación correspondente ou, se fose procedente, na lei de emisión destes Certificados, outros límites adicionais.
Estes certificados pertencen á AC AP, que está subordinada á AC Raíz FNMT-RCM. Xéranse en tarxeta criptográfica e teñen unha lonxitude de clave de 2048 bits, sendo a súa caducidade de 36 meses.
Pode ver información detallada do perfil deste certificado e a súa política e Declaración Particular en Declaración de Prácticas de Certificación da Administración Pública.