Certificado de Sede electrónica
Certificado de Sede Electrónica
Os Certificados emitidos pola FNMT-RCM para a identificación electrónica das Sedes electrónicas das administracións públicas son Certificados Recoñecidos segundo o definido na Lei de Sinatura Electrónica 59/2003 e válidos para a identificación das sedes electrónicas segundo o definido na Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos Servizos Públicos (LAECSP).
Os "Certificados de identificación de Sede electrónica" son aqueles certificados expedidos pola FNMT-RCM e que vinculan uns Datos de verificación de Sinatura aos datos identificativos dunha sede electrónica na que existe unha persoa física que actúa como asinante ou custodio da clave e Titular do Certificado, xunto coa entidade da administración á que pertence e que é titular do enderezo electrónico a través do que se accede á sede electrónica (só a titularidade é compartida, non sendo así a custodia). Esta persoa física é a que ten o control sobre o devandito Certificado e os Datos de creación e verificación de sinatura e é responsable da súa custodia de forma dilixente.
Constitúen os límites de uso deste tipo de Certificados a identificación de Sedes electrónicas da Administración Pública, Organismos e entidades públicas vinculadas ou dependentes, así como o establecemento de comunicacións seguras con estas. A FNMT-RCM e a Administración, organismos e entidades poderán fixar nos acordos ou convenios, ou a través do documento de relación correspondente ou, se fose procedente na lei de emisión destes Certificados, outros límites adicionais.
Estes certificados pertencen a AC AP, que está subordinada á AC Raíz FNMT-RCM. A clave debe xerarse a través dun dispositivo seguro e debe ter unha lonxitude de 2048 bits. A caducidade destes certificados é de 36 meses.
Pode ver información detallada do perfil deste certificado e a súa política e Declaración Particular en Declaración de Prácticas de Certificación da Administración Pública.