
Consideracións previas (paso 1)
Para obter o certificado é necesario que realice unha serie de configuracións no seu navegador.
Por favor, lea e siga atentamente as seguintes instrucións para evitar posibles erros durante o proceso de obtención do seu certificado.
Recordatorios imprescindibles:
- Non formatear o ordenador, entre o proceso de solicitude e o de descarga do certificado.
- Débese realizar todo o proceso de obtención dende o mesmo equipo, co mesmo usuario e o mesmo navegador.
- Non realizar actualizacións no equipo mentres dure o proceso.
- En ocasiones é necesario desactivar o antivirus. Ler máis sobre antivirus.
- É importante ler atentamente a Declaración de Prácticas de Certificación previamente á solicitude do certificado. Nela atópanse as condicións baixo as cales se prestan os servizos de certificación.
Navegadores soportados:
- Mozilla FireFox versión 35 y posteriores requieren de la instalación de un complemento para firmar
- Microsoft Internet Explorer
Configuración do navegador para Sistemas Windows
Para evitar problemas á hora de solicitar un certificado é conveniente que instale o noso configurador automático (Configurador FNMT-RCM) sendo necesario ter permisos de administrador. Descargue o software, peche todas as ventás do navegador, execúteo e reinicie o seu equipo. No proceso de instalación realízanse as seguintes tarefas:
- Instala todos os certificados das CAs (Autoridades de Certificación) raíces e intermedias.
- Instala a biblioteca Capicom.
- Realiza modificacións no rexistro de Windows para configurar as opcións de seguridade do seu navegador.
Máis información sobre Configuración manual para obter o certificado con Windows