Consideracións previas

Para obter o certificado é necesario que realice unha serie de configuracións no seu navegador.

Por favor, lea e siga atentamente as seguintes instrucións para evitar posibles erros durante o proceso de obtención do seu certificado.

Recordatorios imprescindibles:

  • Non formatear o ordenador, entre o proceso de solicitude e o de descarga do certificado.
  • Débese realizar todo o proceso de obtención dende o mesmo equipo, co mesmo usuario e o mesmo navegador.
  • Non realizar actualizacións no equipo mentres dure o proceso.
  • En ocasións é necesario desactivar o antivirus. Ler máis sobre antivirus.
  • É importante ler atentamente a Declaración de Prácticas de Certificación
  • previamente á solicitude do certificado. Nela atópanse as condicións baixo as cales se prestan os servizos de certificación.

Navegadores soportados:

  • Mozilla FireFox
  • Microsoft Internet Explorer

Descarga as últimas versións destes navegadores.

Configuración do navegador para Sistemas Windows

Para evitar problemas á hora de solicitar un certificado é conveniente que instale o noso configurador (software de configuración automática), sendo necesario ter permisos de administrador. Descargue o software, peche todas as ventás do navegador, execúteo e reinicie o seu equipo. No proceso de instalación realízanse as seguintes tarefas:

  • Instala todos os certificados das CAs (Autoridades de Certificación) raíces e intermedias.
  • Instala a biblioteca Capicom.
  • Realiza modificacións no rexistro de Windows para configurar as opcións de seguridade do seu navegador.

Máis información sobre Configuración manual para obter o certificado con Windows

Configuración do navegador para resto de Sistemas

Información para usuarios de Firefox en MAC e Linux

Fecha y Hora Oficial

 

 

Información Destacada

Manual de solicitud de certificado representante
Vídeo Solicitud Certificado Representante

Ir a página Preguntas Frecuentes Certificado de Representante.

Soporte Técnico