
Consideracións previas con Tarxeta AP
Previamente á obtención do Certificado de usuario, deberá asegurarse que no seu ordenador se atopa instalado correctamente o lector de tarxetas criptográficas. Siga as indicacións do fabricante para instalar o driver deste.
Para o uso das nosas tarxetas tamén é necesario instalar o software criptográfico. Pode atopalo na nosa sección de Descarga de software de axuda
Por favor, lea e siga atentamente as seguintes instrucións para evitar posibles erros durante o proceso de obtención do seu certificado:
Recordatorios imprescindibles:
- Non formatear o ordenador, entre o proceso de solicitude e o de descarga do certificado.
- Débese realizar todo o proceso de obtención dende o mesmo equipo, co mesmo usuario e o mesmo navegador.
- Non realizar actualizacións no equipo mentres dure o proceso.
- En ocasións é necesario desactivar o antivirus. Ler máis sobre antivirus.
- É importante ler atentamente a Declaración de Prácticas de Certificación previamente á solicitude do certificado. Nela atópanse as condicións baixo as cales se prestan os servizos de certificación.
Navegadores soportados:
- Mozilla FireFox
- Microsoft Internet Explorer