Obter Certificado en Tarxeta Criptográfica

Se desexa incrementar a seguridade do sistema de certificación, empregue o soporte tarxeta para almacenar os seus certificados, xa que:

  • As claves son xeradas na tarxeta criptográfica
  • A clave queda custodiada polo dispositivo impedindo a copia ou manipulación

Se precisa máis información sobre a nosa Tarxeta Criptográfica, consulte a sección de información ampliada sobre a Tarxeta Criptográfica de CERES.

O proceso de obtención do Certificado de usuario en Tarxeta Criptográfica:

  1. Configuración do navegador. Para evitar problemas á hora de solicitar/descargar o certificado, por favor consulte este apartado e siga as instrucións indicadas.
  2. Solicitude vía internet do seu Certificado. Ao finalizar o procedemento de solicitude, vostede obterá un código que deberá presentar no momento de acreditar a súa identidade e posteriormente no momento da descarga do certificado. Garde o sobre que contén o código PIN e PUK da súa tarxeta. Serán imprescindibles durante o proceso de obtención e para o seu posterior uso.
  3. Acreditación da identidade nunha Oficina de Rexistro. Para acreditar a súa identidade debe dirixirse unicamente á oficina de Rexistro habilitada polo seu Organismo para o rexistro de certificados de Administración Pública.
  4. Descarga do seu Certificado de Usuario. Aproximadamente 2 horas despois de ter acreditado a súa identidade nunha Oficina de Rexistro, facenso uso do código de solicitude obtido no paso 2, poderá descargar o seu certificado dende esta páxina web entrando no apartado Descarga do Certificado.

Fecha y Hora Oficial

 

 

Información Destacada

Soporte Técnico

Soporte Técnico